Friday 03 de May de 2024

Día do neno e da nena en Ordes


 

Tal e como se esperaba a tarde de hoxe será inesquecíbel para os centos de nenos e nenas que se achegaron ata o pavillón Campomaior. Alí lles agardaban un sinfín de xogos e entretementos por mor do Día do neno e da nena, englobado dentro do programa estival de ocio Unha viaxe pola cultura.

Durante máis de tres horas puideron disfrutar con xogos de habilidade realizados con material de refugallo, gardería, varredoras para brincar, pista americana de obstáculos, tobogáns, inchables, obradoiros, circuítos, safari park, animacións, xeados, flocos de millo etc. Como é costume unha gran festa da espuma puxo o punto e final a esta xornada organizada polo Concello de Ordes.